Mancomún

CENATIC publica unha convocatoria para o patrocinio de eventos de software libre

Mércores, 17 Febreiro 2010

CENATIC patrocinará eventos da comunidade do software libre durante o ano 2010, conscientes de que estes eventos forman parte da vida das comunidades, e teñen unha enorme relevancia para elas.

Por iso, este ano farán unha dobre convocatoria de Patrocinios; unha agora en febreiro e outra en xullo. Isto lles permitirá recoller a totalidade das peticións de Patrocinio das diferentes comunidades e organizadores de eventos do mundo do software libre. Dunha forma máis aberta, con criterios iguais para todos, e nun mesmo período, poderase optar a ser patrocinado por CENATIC.

O pasado día 15 de febreiro, CENATIC publicou a primeira Convocatoria Xeral de CENATIC para patrocinar durante 2010 iniciativas de empresas e entidades no ámbito do software de fontes abertas.

Esta convocatoria está aberta á participación de persoas xurídicas, españolas ou estranxeiras, a título individual ou en agrupación ou unión temporal, con plena capacidade de obrar que non se atopen incursas nalgunha das prohibicións de contratar establecidas no artigo 20 da Lei de Contratos das Administracións Públicas que desenvolvan actividades relacionadas co impulso do uso do TIC no ámbito do Software de Fontes Abertas. As entidades que soliciten un patrocinio deberán estar ao corrente das súas obrigacións coa Administración Tributaria e coa Seguridade Social.
Baixo esta convocatoria, CENATIC patrocinará eventos de toda índole celebrados en España (cursos, conferencias, coloquios, seminarios, reunións científicas…) co obxectivo de:

  • Potenciar o uso de software de fontes abertas entre empresas, institucións, administracións públicas e cidadanía.
  • Posicionar o software de fontes abertas como feito tecnolóxico relevante para as administracións públicas e as empresas.
  • Fomentar o nacemento e crecemento de novas comunidades de desenvolvedores ou consolidar as existentes.
  • Reforzar as actividades realizadas por CEANTIC na súa labor de promoción e difusión do software de fontes abertas.

O importe máximo de patrocinio para cada evento será de 2000€. As propostas recibidas valoraranse en función das seguintes condicións:

  • Capacidade de difusión e impacto da iniciativa para a promoción e difusión do SFA en Administracións Públicas, Empresas, Comunidades de Desenvolvedores e/ou cidadanía en xeral (35%)
  • Papel que se ofrece á Fundación CENATIC, ou a aquelas entidades e/o u persoas en quen esta delegue, nalgúns dos seguintes extremos (15%)
  • Capacidade da iniciativa para amosar as oportunidades que o software libre ofrece ás empresas, á administración pública e á cidadanía, en función das temáticas e o nivel de profesionalidade con que se abordan (50%)

Nas bases da convocatoria poden consultarse con maior detalle estas condicións de valoración das solicitudes así como as obrigas adquiridas polos patrocinados.

As entidades interesadas en participar nesta convocatoria deberán remitir o formulario incluído no ANEXO I, xunto con toda a información complementaria que se considere oportuna aos efectos de acreditar o cumprimento dos requisitos e criterios de valoración da Convocatoria e unha declaración responsable de que a entidade solicitante non está incursa en prohibición de contratar coa Administración e está ao corrente das súas obrigacións tributarias e para coa Seguridade Social. As solicitudes deben remitirse á dirección de correo electrónico: patrocinios at cenatic dot es

O prazo para presentar as solicitudes remata ás 14:00 horas do 1 de marzo de 2010.

Fonte: CENATIC

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal