Roberto Brenlla, infórmanos que Tegnix vén de acadar esta mesma semana a certificación como "Centro Formativo no Ámbito do Software de Fontes Abertas" por parte de CENATIC (Centro Nacional de Referencia de Aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación Baseadas en Fontes Abertas), entidade dependente de Red.es e do Ministerio de Industria, Energía e Turismo.
Esta acreditación recoñece a calidade da formación impartida por Tegnix tanto no que se refire a instalacións, profesorado como metodoloxía de ensino. Supón un recoñecemento e un aval da calidade e esforzo que Tegnix vén poñendo no seu proxecto Aula Tegnix a través do que ofrece unha crecente oferta formativa, altamente especializada en Software Libre e enfocada ao ámbito profesional.
Lembrar que Tegnix é tamén, dende o ano 2009, LPI ATP, acrónimo de “Linux Professional Institute Approved Training Partner”, é dicir, socios formadores da entidade certificadora profesional de GNU/Linux máis importante a nivel mundial e ademais dispón das certificacións de calidade ISO-9001, ISO-27001 e ISO-20000 e unha extensa experiencia formativa profesional en SwL.
Este xoves, Roberto Brenlla participará no programa Emprende de RTVE para dar conta desta iniciativa empresarial, centrada na formación especializada e de calidade para profesionais no eido do Software Libre.
A oferta formativa de Tegnix é adaptable ás necesidades dos profesionais aos que vai dirixida e é sempre impartida por titulados superiores de larga traxectoria na comunidade de Software Libre. Todos os cursos dispoñibles actualmente en Aula Tegnix teñen unha demostración aberta e gratuíta, poden comezarse en calquera momento, e dende que se formaliza a matrícula dispoñen dun titor para guiar ao alumno nos materiais dispoñibles.
Actualmente están abertos os seguintes cursos:
- Crea aplicacións profesionais para Android
- LPIC-1 – Profesional Junior en Linux
- Xestión integral da empresa con OpenERP: Aprendizaxe Funcional
Progresivamente estarán dispoñibles tamén:
- Xestión integral da empresa con OpenERP: Aprendizaxe Técnico
- Xestión integral da empresa con OpenERP (por módulos individuais)
- Módulos para profesionais Android
- Vistas profesionais
- Persistencia de datos
- Multimedia
- Xeolocalización (GMaps e OpenStreeMaps)
- Testing
- LPIC-2 – Profesional Avanzado en Linux
- LPIC-3 – Profesional Senior e especialista en Linux
- LPIC-301 Core
- LPIC-303 Seguridade
- LPIC-304 Alta dispoñibilidade e virtualización
- Python
- Django
- Peritaxe e seguridad informática
- R Project, estadística científica
- Migracións a Software Libre
- Domótica con Arduino
- Seguridade en sistemas
- Bases de Datos Libres (PostgreSQL, MariaDB…)
- Red Hat/CentOS
- OpenStack
Dende Tegnix informan tamén que é posible optar á bonificación pola Fundación Tripartita para o Fomento do Emprego para lograr unha redución total o substancial do prezo dos cursos.
