Na empresa enerxética Cepsa, dentro da súa transformación dixital, tomaron a decisión de empregar GNU/Linux, en concreto a distribución empresarial Red Hat que usará para a súa plataforma de computación heteroxénea na nube.
A solución adoptada por Cepsa conta con varias pezas fornecidas por Red Hat como son a plataforma de contedores conformada por OpenShift Container Platform, Container Storage e Ansible Tower como peza automatizadora do despregamento de infraestrutura.
Red Hat OpenShift trátase dunha plataforma empresarial para o manexo de infraestrutura de contedores baseada en tecnoloxías libres como Kubernetes e GNU/Linux.
Red Hat OpenShift Container Storage é unha tecnoloxía de almacenamento para os contedores que está especialmente deseñada para o funcionamento en conxunto con OpenShift.
Red Hat Ansible Tower é unha solución empresarial baseada no software libre Ansible que axuda a resolver problemas de escalado de infraestrutura informática.
Esta decisión do departamento de informática foi tomada debido á vontade de ser unha compañía áxil e con capacidade de responder con maior rapidez a peticións xeradas polos seus clientes e que se trata dun proxecto de grande envergadura debido a que Cepsa está presente en diversos países e conta con diversos equipos de traballo dentro da multinacional.
Dende Cepsa mostran a súa disposición a unha colaboración maior con Red Hat e dende Red Hat tamén se compracen de poder axudar a que Cepsa conte con unha infraestrutura empresarial más escalable e eficiente.
