Mancomún

Chamamento á comunidade para revisión das traducións de Mozilla

Mércores, 30 Setembro 2009

Comunidade G11nMancomún, en cumprimento do compromiso adquirido coa comunidade de tradución ao galego, está a traballar para manter ao día a tradución ao galego de todos os aplicativos fornecidos por Mozilla. Unha parte moi importante deste proceso consiste na revisión da tradución realizada para detectar e corrixir os posíbeis erros cometidos.

Ante a inminente saída das futuras versións Firefox 3.6, Thunderbird 3.0, Sunbird 1.0, Fennec 1.0, Seamonkey 2.0 consideramos necesario reforzar esta revisión para o que solicitamos a vosa colaboración.

A mellor forma de revisar as traducións é instalar as compilacións de probas que diariamente fornece Mozilla. Ollo, trátase de versións que non son definitivas e polo tanto non se recomenda o seu uso para o traballo diario senón só para probas.

Agradecemos que nos notifiquedes todos os erros que atopedes a través do foro xeral de localización dos nosos foros ou da lista de correo de coordinación das traducións de mozilla (precisa subscrición).

As descargas dos diferentes aplicativos están dispoñibles en:

Firefox:
  • Firefox 3.6 beta para GNU/Linux
  • Firefox 3.6 beta para Windows
  • Firefox 3.6 beta para Mac


Thunderbird:

Sunbird:

Seamonkey:

Fennec (Firefox mobile) para Linux

Ficheros .po para revisión dispoñíbeis tamén no Corpus

Para aqueles que non queirades ou poidades instalar e probar estes aplicativos, fornecemos outra posibilidade de colaboración.

No Corpus de Mancomún creamos un novo proxecto co nome “Probas_Mozilla” no que incluímos todos os ficheiros en formato PO do actual repositorio galego de Mozilla.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal