Mancomún

Chamamento de axuda para a tradución do blog de OpenStreetMap

Luns, 22 Xullo 2019

Desde o blog de OpenStreetMap fan unha chamamento de axuda á comunidade para a tradución a diferentes idiomas das súas entradas e das enquisas que xeran na Fundación OpenStreetMap (organización sen ánimo de lucro, formada no Reino Unido para apoiar o proxecto OpenStreetMap).
Se empezamos a colaborar con eles, teremos a oportunidade de traducir tantas entradas do blog antigas ou novas como queiramos.
Para as enquisas necesitan axuda tanto para traducir as preguntas como as respostas.
Se che gusta a idea e queres axudar, podes enviar un correo electrónico a communication@osmfoundation.org
co asunto: Helping with translations in [o seu idioma]
e indicar que desexas axudar coa tradución de entradas do blog, enquisas ou ambas.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal