Mancomún

Charla de introducción a Git do GPUL

Martes, 15 Novembro 2016

O GPUL adicará a tarde do vindeiro Mércores día 16 de Novembro a impartir unha charla de introdución a Git, o máis completo dos sistemas de control de versións, que ademais é Software Libre e na que os asistentes poderán aprender os conceptos básicos sobre esta popular ferramenta de control de versións empregada para a xestión do código en proxectos tan importantes como o Kernel de Linux, Gnome, KDE e PostgreSQL.

Git permítenos traballar en equipo sobre o mesmo código e ao mesmo tempo sen ter problemas, ter as diversas versións da nosa aplicación facilmente estruturadas, almacenar o código nun repositorio externo e moitas opcións máis, moi útiles no traballo diario dos desenvolvedores.

Este tipo de actividades do GPUL encádranse no marco de actividades orientadas sobre todo aos novos estudantes de informática como complemento e axuda na formación como futuros enxeñeiros. Por iso, a charla de introdución impartirase na Facultade de Informática da Universidade da Coruña mais a entrada e libre e sen inscrición polo que esta aberta á participación.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal