Mancomún

Charla para a difusión sobre Software Libre en Arzúa

Martes, 9 Decembro 2008
O Grupo de Usuarios de Software Libre (GGUL) de recente creación, a Asociación de Software Libre de Melide (MeLiSA), comeza a súa andaina organizando unha charla para a difusión do Software Libre o vindeiro 18 de decembro no Concello de Arzúa.

O encontro versará sobre as tecnoloxías abertas e terá unha duración dun total de 3 horas, as cales se impartirán entre as 19 e as 22 horas do xoves. A charla está enmarcada dentro das actividades promovidas dende a Rede de Dinamización da Sociedade da Información e terá como dinamizadora Olalla Calvelo Rico, con que se poderá contactar para máis información sobre o curso.

Fonte: Rede de Dinamización

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal