Mancomún

Check My Colours para validar o estándar WCAG nun sitio web

Mércores, 1 Xullo 2009

Check my coloursNun día no que a actualidade informativa no eido das novas tecnoloxías xira arredor do lanzamento do Firefox 3.5, é inevitábel caer na conta da diversidade de navegadores que, coas súas respectivas características, compiten hoxe no mercado. Conseguir optimizar o traballo dos deseñadores e desenvolvedores para unha correcta navegación en cada un deles, pero tamén para cada un dos perfís do usuario, require inevitabelmente do uso de estándares e, é por iso, que estes van proliferando a medida que se perciben novas necesidades.

Ata o momento, era moi habitual escoitar falar da validación XHTML ou CSS, pero ultimamente tamén se empezou a pensar nas persoas con limitacións sensoriais ou motoras que acceden á rede, e en base a estes estudos lanzouse o estándar WCAG (Web Content Accessibility Guidelines), centrado nos aspectos visuais do sitio, facéndoo máis cómodo de ler, de acordo ao contraste de cores e a luminosidade xeral do sitio.

A partir deste novo estándar, xorde Check My Colours, un práctico servizo web que axuda a verificar se o sitio cumpre coas normas WCAG, cada un dos campos do código do teu sitio e sinalando para cada caso que partes deste son perfectamente visíbeis, e que partes non o son de todo.
O servizo encárgase de analizar parámetros como a luminosidade e o contraste, a diferenza de brillo e a diferenza de cor, tendo en conta a cor de fondo e a cor da fonte coa que están escritos os distintos textos. Con tan só introducir o URL do web, móstrase nalgúns segundos unha táboa moi completa onde realzarcada un dos acertos e os erros atopados, sinalando asemadae en qué parte do código se atopa o erro e fornecendo unha previsualización de como se ve o texto en cuestión. No entanto, resulta moi complexo validar un web completamente, sobre todo se non se queren deixar de lado algúns conceptos estéticos que moitas veces tamén teñen a súa importancia no deseño xeral do sitio.

Fonte: elgeek.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal