Mancomún

CheckedC: Ferramenta liberada por Microsoft para previr erros en código en C/C++

Luns, 20 Xuño 2016

Microsoft publicou recentemente en Github CheckedC, unha ferramenta que facilita a construción de código C/C++ máis seguro. A empresa de Redmond, que nos últimos tempos está a dar un xiro na súa política de licenciamento do seu software, xa non ve o Open Source como unha ameaza se non máis como unha posibilidade máis para calquera produto software que poidan construír.  

O cambio de política parece ter o punto de inflexión coa entrada como novo CEO de Microsoft de Satya Nadella no ano 2014. Dende aquela data, son constantes as mostras de achegamento de Microsoft cara unha estratexia no que produtos Open Source, é por exemplo o caso de .NET, teñen cabida, sendo precisamente esa condición, a de ser proxectos abertos, a característica fundamental na que se basean para acadar o éxito esperado.
Nesta ocasión Microsoft libera CheckedC, unha extensión para a linguaxe de programación C que permitirá a programadores engadir comprobacións nos seus programas para detectar e previr certos tipos de erros cando un programa se executa ou mesmo mentres se está a escribir.

A maioría do software de sistemas está escrito en C ou C ++. Este conxunto de aplicacións abarca dende sistemas operativos, navegadores, bases de datos e intérpretes de linguaxe de programación. Pódese dicir que o software do sistema serve de infraestrutura para todas o demais software que se executa por enriba.

Neste contexto, existen certos tipos de erros de programación, como os buffer overflow e de tipos de datos incorrecto que poden cometer os programadores cando se escriben programas C ou C ++ que favorecen a aparición de vulnerabilidades de seguridade ou problemas de fiabilidade do software.

Moitas linguaxes de programación xa implementan verificacións similares. C# e Java son exemplos de tales idiomas. Con todo, estas linguaxes engaden automaticamente a información necesaria para a verificación de límites para as estruturas de datos. No caso do software de sistema, esto é un problema, logo que o programador precisa un control preciso sobre o que un programa está a facer. En CheckedC, o programador controla a colocación desta información necesaria para a comprobación dos límites e de como a información flúe a través do programa. Deste xeito o programador mantén un control preciso sobre o que un programa está facendo.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal