Mancomún

Chega Clonezilla Live 2.6.6

Luns, 11 Maio 2020

O proxecto Clonezilla acaba de liberar Clonezilla Live 2.6.6.
Trátase dunha nova versión da distribución para tarefas relacionadas coa preparación de imaxes de discos e clonación de discos e preséntase como unha alternativa libre a solucións privativas como Norton Ghost.

Entre as características desta versión destacan a actualización da súa base de Debian, o Kernel Linux 5.5.17, así como outras melloras e incorporacións de novos paquetes de software que se poden ver nas notas da actualización.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal