Mancomún

Chile esixirá que a súa Administración se xustifique ao optar por software con licenza privativa

Martes, 25 Novembro 2008

O Senado chileno acaba de darlle a volta ao sistema de provisión de medios informáticos para a Administración do Estado. Mediante unha emenda parlamentaria aos orzamentos xerais promovida por un deputado socialista, o sector informático nacional parece albiscar unha nova época no país austral.

A pequena glosa introducida reza asi:

“A cotización de equipos computacionais que inclúa o custo de licenzas debe indicar cando menos unha alternativa con software licenciado baixo a modalidade de fonte aberta ou libre de custo. A cotización deberá acompañarse cunha xustificación especial se é que existe un software de código abierto ou libre de custo que realice a mesma función”.

A prensa salienta os aspectos positivos

  • poñer un freo ao aumento do custos do software con licenza
  • oportunidade para que as PEME do país poidan ofrecer produtos e servizos ao Estado
  • mellora da competitividade empresarial e da Administración, coa separación entre o software e o provedor informático (vendor lock-up), os provedores competirán por ofrecer capacitación e apoio.
  • separación entre o hardware e o software: os provedores de hardware terán argumentos económicos para ofrecer produtos que non estean vinculados a un determinado software.
  • apertura de novos campos de investigación e innovación para o sistema universitario

Este asunto será ademais tratado no <> que se transmitirá en vivo os vindeiros días 25 e 26, desde aquí

 Máis información en La hora del software libre en Chile

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal