ChronoJump vén de gañar a edición deste ano do “Les Trophées du Libre“, concurso que, desde 2003, intenta promover proxectos innovadores dentro do Software Libre.
ChronoJump é un completo sistema multiplataforma para a medición, xestión e estatística das fases temporais do salto e outras accións. Chrono Jump sérvese dunha plataforma de contactos con dous eventos (na plataforma e fóra da plataforma) e dun circuíto impreso cronometrador deseñado ad-hoc para obter medicións precisas e fiables. ChronoJump pode ser usado tamén para o cronometrado de carreiras incluso con intervalos, tempos de reacción e ritmos…
ChronoJump permite rexistrar calquera salto coas repeticións que se desexe, iniciando desde dentro ou fóra da plataforma, rexistrando independentemente tempos de contacto e tempos de voo, así como a carga extra, altura da caída, limitación por saltos ou tempo e descricións de técnica.
Para albergar a información, ChronoJump usa unha pequena base de datos Sqlite que lle proporciona a capacidade de vincular saltos a suxeitos e sesións, e realizar todo tipo de comparacións entre estas entidades.
O software é GPL e multiplataforma e está programado en C# usando Mono
Máis información na páxina do proxecto:
http://www.gnome.org/projects/chronojump/index_es.html
