Os vindeiros días 24, 26 e 27 de novembro terá lugar un ciclo de conferencias sobre hardware e software libre na Facultade de ciencias da Universidade de Salamanca:
O luns 24 de novembro, a xente de Golem Group explicará que é o hardware libre e falará dun proxecto no que participan: Ardabasto (unha evolución de Arduino cara a un sistema multiproceso distribuído).
O mércores 26 de novembro preséntase Factoría Viré, un novo espazo virtual libre para o desenvolvemento e/ou adaptación de ferramentas interoperábeis de creación de contidos e actividades en mundos interactivos. Será impartida por Daniel González, un dos desenvolvedores do proxecto.
O xoves 27 de novembre, David Vaquero falará de Factoría Pegaso, un espazo de produción multidisciplinar de software libre, no que colabora no seu desenvolvemento.
Todas as conferencias celebraranse ás 18:30 horas na aula C1 da Facultade de Ciencias da Universidade de Salamanca.
Organizan a Oficina do Coñecemento Aberto da Universidade de Salamanca, a Delegación Estudantes de Ciencias, o Hacklab de Salamanca, Asociación GNU/Linux Salamanca (GLiSa) e a Asociación de Usuarios de GNU/Linux de Castela e León (AUGCyL).
Toda a información sobre estas charlas pódese atopar no wiki de GLiSa.
Fonte: Informediario.com
