Mancomún

Ciclo de versións de Ubuntu até o 2011 e duración dos períodos de mantemento

Xoves, 19 Febreiro 2009

Na páxina oficial de Ubuntu podemos atopar unha gráfica coa información sobre as futuras versións que sairán da distribución. A gráfica inclúe tamén o período durante o cal cada unha das versións de Ubuntu terá mantemento, que incluirá actualizacións de seguranza e/ou de novas versións de software.

Como se ve na gráfica, as versións en vermello son as denominadas LTS (“Long Term Support”) que teñen un período de mantemento moito máis longo que as versións normais (até os 5 anos nas versións de servidor e 3 anos para as de escritorio). Isto fai que as edicións LTS sexan as máis axeitadas para a instalación en contornas de produción.

En Galinux tamén procuramos seguir este sistema de versións e por iso temos dispoñíbel a versión Galinux 8.04 LTS baseada en Ubuntu 8.04 LTS, e actualmente estamos traballando sobre a versión 8.10 que estará dispoñíbel nun breve período de tempo.

Outra diferenza entre as versións normais e as LTS é a súa periodicidade. Así, podemos ver que as versións LTS saen exclusivamente cada 2 anos e as versións normais cada 6 meses. Ademais as versións LTS inclúen os denominados “point release”, que se publican cada 6 meses e que veñen sendo principalmente parches e arranxos de seguranza e ocasionalmente melloras nas características que manteñen a integridade da versión durante un amplo período…

http://www.ubuntu.com/files/u1/ubuntu-release-cycle_6.png
Fonte da nova:
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal