Un grupo de científicos europeos amosarán os progresos acadados no eido dos Sistemas de Información Xeográfica (GIS) con códigos abertos na conferencia que terá lugar o vindeiro mes de xuño en Varsovia.
Este conferencia está dirixida, entre outros, ás administracións públicas interesadas en aplicacións GIS desenvoltas con Software Libre e no seu uso. Con esta intención científicos búlgaros, húngaros, checos e polacos demostrarán a potencialidade e a utilidade destas aplicacións.
A conferencia servirá tamén para expoñer os resultados preliminares do proxecto de investigación Cascadoss. Este estudo europeo ten como propósito a avaliación e a mellora das aplicacións GIS en Software Libre.
Os investigadores están a traballar, tamén, nun informe que determine o número de administracións públicas que empregan aplicacións GIS con código aberto na Unión Europea. Segundo as previsións manexadas polos investigadores esta información podería estar dispoñible na rede antes do remate do ano.
A participación no evento é libre, pero require un rexistro previo.
Fonte: IDABC
