Mancomún

Cinco aplicativos GNU/Linux esenciais para guitarristas

Martes, 15 Decembro 2009

Na páxina web maketecheasier.com podemos atopar un interesante artigo no que se da conta dun grupo de aplicativos enormemente útiles para todos os aficionados – e mesmo os profesionais – ao mundo da guitarra. Estes aplicativos cobren aspectos como a notación musical en formato de tablaturas, a edición de audio e a gravación multipista. Estes son os aplicativos que se mencionan no artigo:

Tablaturas e notación musical: TuxGuitarTuxGuitar

O primeiro que moitos de nos imos precisar é un sitio onde escribir, gardar e reproducir tablaturas ou partituras. Moitos usuarios de Windows empregan PowerTab ou Guitar Pro. Para o mundo GNU/Linux existe o aplicativo TuxGuitar, moi similar a estes, e que ofrece case as mesmas características. O mellor de todo é que é compatíbel coas tablaturas de Guitar Pro, de xeito que se xa estamos afeitos a traballar con el, non teremos que perder ningunha das nosas cancións.

E, se non nos gusta TuxGuitar, podemos probar con KGuitar, KTabEdit, ou Gnometab.
Procesamento de efectos: FreqTweak

FreqTweakExisten múltiples programas para Linux enfocados ao procesamento de efectos en tempo real, e algúns hanche gustar máis ca outros. Escollemos FreqTweak para este exemplo porque é certamente simple de configurar e está dispoñíbel nos repositorios estándar de Ubuntu. Ademais, unha agradábel característica de FreqTweak é que se poden “debuxar” algúns efectos propios.

Se non nos agrada FreqTweak, podemos probar Creox, GNUitar, ou GTKgep.

Edición de son: Audacity

Audacity

Durante anos, Audacity foi o editor de son máis destacado nos sistemas GNU/Linux. Inclúe un amplo conxunto de ferramentas e efectos, e úsao xente de todos os niveis de coñecementos. Con Audacity podemos gravar, reproducir, importar e exportar varios tipos de formatos de audio, e facer todos os retoques, todo no mesmo sitio. Aos guitarristas cunha guitarra acústica vailles gustar especialmente o plugin de cancelación de ruídos.

E se, por algunha razón, Audacity non é o que andamos buscando, sempre poderemos probar ReZound, Sweep, ou GNUSound.

Percusións: Hydrogen

Hydrogen

Sempre hai un límite nas cousas que podemos facer con só unha guitarra, e un dos xeitos máis sinxelos de engadirlle algo de encanto ás nosas gravacións é engadindo algunha percusión. Existen varios aplicativos para crear pistas de percusións en Linux, pero Hydrogen é probabelmente o máis coñecido. Podemos dispoñer patróns de percusión individuais, e logo secuenciar eses patróns e crear unha canción máis longa. Hydrogen, xunto con algúns samples de percusións está dispoñíbel nos repositorios estándar de Ubuntu.

Outras opcións serían orDrumbox, BeatFish, ou pyTrommler.

A secuenciación: Ardour

Ardour

Cando tratamos os temas da gravación multipista e a secuenciación en Linux, hai un aplicativo que nos vén á cabeza en seguida: Ardour. Pode que non sexa unha ferramenta que faga todo o traballo do que outras ferramentas profesionais son capaces, pero sen dúbida, combinándoo cos aplicativos que acabamos de mencionar, satisfará sobradamente as expectativas e necesidades de calquera aficionado á gravación doméstica.

Outros aplicativos destacábeis para a secuenciación multipista inclúen Jokosher, PROTUX ou Frinika.

De regalo: Afinación da guitarradiapasón

Igual que o programa privativo para Windows Guitar Pro, TuxGuitar tamén trae un afinador incorporado. É unha característica básica que calquera aficionado á guitarra ha agradecer.

Se non nos gusta o afinador que trae o TuxGuitar, podemos probar GuiTuner, JTuner, or GString.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal