As deputacións forais de Bizkaia, Álava e Gipuzkoa poñen en marcha, de forma conxunta, unha nova ferramenta de software libre que permitirá a terceiros facturar de forma electrónica con elas.
Segundo se pode ler na web que veñen de crear para promocionar esta ferramenta, trátase dun cliente de factura electrónica denominado ‘ef4ktur’ que nace da iniciativa destas deputacións para dotar de forma gratuíta aos seus emisores de facturas dunha solución de factura electrónica que de forma sinxela e práctica permite ás empresas traballar entre si e coas administracións vascas.
O software, distribuído baixo a Licenza Pública da Unión Europea V.1.1 (EUPL), ofrece alta autonomía de xestión nas operacións telemáticas coas máximas garantías de seguridade e, adicionalmente, facilita a posibilidade de adaptación ás necesidades funcionais do cliente así como a súa integración cos actuais sistemas de información das empresas.
Este aplicativo é multiplataforma podendo descargarse os instaladores para GNU/Linux, Mac e Windows así como o código fonte.
Ademais tamén están dispoñíbeis unha serie de manuais para a súa instalación, configuración e uso ademais dun manual técnico.
Fonte: EuropaPress
