O clúster inclúe 8 PCs con procesadores de dobre núcleo Xeon de 64 bits, conectados cun switch gigabit e con sistema operativo Debian GNU/Linux. A elección do sistema produciuse tras probas con RedHat, Mandrake ou Fedora, elixindo Debian pola súa estabilidade, segundo indicou Alan Pineda, o xefe de TIC de PAGASA.
A principal motivación para migrar a un sistema baseado en código aberto foi o custo. O funcionamento do SGI Irix custaba 5.200 dólares ao mes, mentres que o cluster de PCs con Debian reduciu os gastos a 260 dólares mensuais. Ademais o sistema poderá aumentar a súa potencia a un custo infinitamente menor incluído o custo de migración e a capacitación, indicou Paneda.
O uso de clústers para unir un grupo de múltiples computadores mediante redes de alta velocidade estanse impondo neste tipo de servizos polo seu alto rendemento, escalabilidade e baixo custo. Se lle unes un Debian GNU/Linux, dos mellores sistemas baseado en Software Libre que podes atopar, tes o éxito asegurado como demostran desde Filipinas.
Fonte: Theinquirer.es
