Mancomún

CNTG e CENATIC colaborarán para mellorar a formación en software libre dos profesionais TIC galegos

Luns, 4 Xuño 2012

Logotipo do CNTGO Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, CNTG, da Consellería de Traballo e Benestar e o Centro Nacional de Referencia de Aplicación das TIC baseadas en fontes abertas (CENATIC) veñen de asinar un convenio de colaborarán cunha vixencia de dous anos para a potenciación das accións formativas que, no ámbito do software libre, realiza o CNTG dLogotipo de CENATICentro do seus plans de formación. Este convenio, asinado pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o director xerente de CENATIC, Miguel Jaque, permitirá que o alumnado das accións formativas en software libre impartidas no CNTG poida acceder á obtención de certificacións profesionais encadradas no modelo de capacitación certificada do CENATIC.

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de GaliciaA sinatura do presente convenio encádrase no apartado de accións en colaboración con CENATIC do Plan de Acción en materia de Software Libre, que a AMTEGA presentou o pasado 12 de maio. Dito plan recolle unha serie de actuacións para potenciar os mecanismos de formación e difusión do Software Libre, entre as que se atopa o emprego da Rede CeMIT como instrumento eficaz para o a achegamento a toda a cidadanía, e concretamente aos profesionais das TIC a través dun dos seus centros de alta especialización, como é o CNTG. Entre as actuacións que a AMTEGA coordina co CENATIC para o presente ano, inclúese o establecemento de medidas de colaboración coa rede CeMIT para aplicar o seu modelo de capacitación certificada, que foi presentado oficialmente en Galicia o pasado 14 setembro de 2011, na Xornada de Presentación do Programa de Mellora da Competitividade para Empresas TIC.
O acordo asinado supón unha mellora cualitativa e cuantitativa dos beneficios que o CNTG achega aos profesionais do sector TIC galego, pois estes, sexan ou non alumnos do centro e sen custo algún para eles, van ter a posibilidade de acreditar os seus coñecementos mediante un certificado profesional asociado a un sistema de ordenación do coñecemento implantado por CENATIC e baseado nun mapa de capacidades, e diferente, polo tanto, dos que actualmente oferta o CNTG, baseados principalmente en currículos formativos definidos polos diferentes fabricantes tecnolóxicos do sector.

Entre outros apartados, a colaboración entre ambas partes implica o estudo e análise dos plans formativos do CNTG co obxecto de identificar aqueles puntos nos que CENATIC poida ofrecer melloras a través do seu programa de Capacitación Certificada e que permitan realizar actuacións de validación de certificados profesionais incluídos na oferta formativa do CNTG ou a realización de exames oficiais CENATIC nas instalacións do Centro de Novas Tecnoloxías e con carácter gratuíto para os interesados.

A firma do presente convenio implica un novo impulso por parte da Xunta de Galicia na acreditación e certificación daqueles profesionais TIC que desexen desenvolver a súa actividade no sector do software libre.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal