Mancomún

Coleccións de complementos para dispoñibilizar o Firefox e o Thunderbird en galego

Luns, 28 Decembro 2009

Firefox e ThunderbirdMediante o formulario de contacto, un usuario da nosa web infórmanos da creación de dúas coleccións de complementos para o Firefox e o Thunderbird que pretenden facilitar a instalación do idioma galego e castelán dentro destes aplicativos.

As coleccións ademais inclúen tamén cadanseu corrector ortográfico e un selector de idioma integrado, de maneira que unha vez escollido o idioma no selector, poderemos usar o aplicativo nun ou noutro idioma e ao mesmo tempo tes dispoñible a corrección ortográfica.

Segundo nos conta o usuario: “Nos ordenadores domésticos ou portátiles a cousa está clara: o sistema e as aplicacións instálanse na lingua que o dono escolle,…, pero nos ordenadores de empresa, un mesmo ordenador pode servir a varios usuarios, ou servir a un único usuario pero cambiar de mans. Nestes casos, resulta útil que se poida cambiar a lingua dos programas rapidamente e sen reinstalar.”

As ligazóns para a descarga das coleccións son as seguintes:

  • Para Firefox:https://addons.mozilla.org/gl/firefox/collection/urbavigo_firefox

  • Para Thunderbird:https://addons.mozilla.org/gl/thunderbird/collection/urbavigo_thunderbird

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal