Mancomún

Collabora Online ven por defecto en Nextcloud Hub

Martes, 9 Xuño 2020

Collabora anunciou a dispoñibilidade de Collabora Online como a aplicación de colaboración e oficina por defecto en Nextcloud Hub.

Desenvolveuse un servidor comunitario especial, que pode ser instalado facilmente cun só clic por cada usuario, e así evitar a instalación e configuración dun servidor web e contedores docker.

A comunidade mostrou unha crecente necesidade dunha forma moito máis fácil de configurar LibreOffice en liña. Os usuarios consideraron que configurar certificados, portos… por separado era demasiado complexo, polo que Collabora creou unha forma totalmente nova de despregar Collabora Online.

Máis información na nota oficial

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal