A extensión posibilita a configuración de distintas funcións que son executadas posteriormente ao realizar determinados xestos ou movementos co rato. Esta característica permite substituír os procedementos habituais do teclado ou dos menús, axilizando calquera operación no uso habitual do computador como, por exemplo, desprazalo cara adiante ou cara a detrás para avanzar no historial de navegación. Outra posibilidade que ofrece é a de poder configurar certos movementos máis complexos, que nos posibilitan manexar o tamaño do texto ou das propias imaxes.
Actualmente existen xa múltiples aplicativos dispoñíbeis para a descarga desde Gesture Exchange e que a comunidade de Mozilla está a incrementar continuamente.
Fonte: Desarrolloweb.com
