Mancomún

Comenza o V Congreso de Software Libre e Foro Libre para a Educación

Mércores, 29 Xuño 2016

Mañá día 30 de Xuño comenza o V Congreso de Software Libre e Foro Libre para a Educación. A inauguración do congreso terá lugar as 15:45 horas no salón principal do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia en Santiago de Compostela, mais dende as 15:00 horas da tarde os asistentes poderán xa acceder ao recinto para o rexistro de asistencia e a recollida de documentación.
Como xa vimos anunciando en Mancomún este é un evento organizado pola Institución Galega de Ciencia (Igaciencia) no que ademais colabora a AMTEGA o CNTG e o CESGA entre outras entidades destacadas.

Na xornada inaugural, terase a posibilidade de asistir a diversos coloquios e obradoiros centrados na temática da Robótica educativa, a plataforma Arduino na Educación pero tamén do modelado 3D en Javascript e mesmo a presentación dos proxectos Dismedia e Babot e a presentación das súas propostas metodolóxicas.

O Congreso de Software Libre e Foro Libre para a Educación na súa quinta edición quere ser un espazo para coñecer mellor e gozar do mundo do software libre e da tecnoloxía en xeral con exposicións de diversas experiencias e mostras.

Recordamos que obxectivo deste congreso é ver as posibilidades de uso do software libre e da tecnoloxía nas empresas e na FP é propiciar o intercambio e coñecemento mutuo entre investigadores e profesores de educación na área de software libre e como foro libre de intercambio TIC para o seu uso en educación.

Tamén brinda a posibilidade de encontro entre todos os profesores e profesoras de Galicia interesados no ensino da área científica-matemática-tecnolóxica, e mesmo das demais áreas do ensino desde o punto de vista do uso de software libre, e o uso en xeral da tecnoloxía para facilitar o intercambio de ideas e experiencias, así como a presentación e difusión de recursos didácticos.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal