Durante o día de hoxe e mañá (7 e 8 de agosto) levarase a cabo en Vilagarcía a cuarta edición da Galaecia.net, encontro informático que terá lugar nos baixos do auditorio municipal e organizado pola “Asociación Sil”.
Dentro da programación do encontro haberá, como non, sitio para o software libre contando con talleres de instalación dun servidor de comunicacións en Linux (correo, web, ftp, …) e tamén un curso de introdución a Unix/Linux. Estes obradoiros estarán abertos tanto ás persoas inscritas como ás non inscritas.
Mentras a Galaecia.net xa está case lista, a Kernel 2009 de Mugardos, organizada pola “Comunidade O Zulo” está iniciando
os preparativos de cara á edición deste ano, que se organiza os días 18, 19 e 20 de setembro, segundo informa a web de Amigus. Na web de Kernel 2009 anúnciase que haberá charlas divulgativas (introdución, uso, …) de software libre, alén de recordarnos que toda a infraestrutura do encontro se executa exclusivamente baixo software libre. Para participar do maratón informático será preciso a inscrición previa.
Máis información nas páxinas de cadanseu encontro:
