Mancomún

Comeza a primeira fase de votacións aos Premios Portal Programas aos mellores proxectos de software libre 2016

Xoves, 6 Outubro 2016
Logo premios PortalProgramasPortalProgramas abre o prazo de votación para a oitava edición dos Premios PortalProgramas ao Mellor Software Libre do ano.

Un ano máis, o obxectivo destes premios é recoñecer aos proxectos de software libre que máis teñen contribuído ao avance tecnolóxico durante o ano, como mostra de agradecemento aos esforzo e paixón da comunidade que hai detrás de cada proxecto de software libre.

Esta primeira fase, na que calquera usuario pode votar a un dos candidatos por cada unha das categorías, estará aberta dende o 4 ata o 24 de outubro, e non é preciso rexistrarse para poder votar.
As diferentes categorías nas que se pode votar son as seguintes:

  • Mellor blogue de software libre
  • Máis revolucionario
  • Maior potencial de crecimento
  • Esencial para empresas
  • Esencial para a comunicación
  • Mellor software libre para móbil

Posteriormente, a partir do 28 de outubro e ata o 11 de novembro estará aberta a seguinte fase de votación, na que emitirán o seu voto os membros dun xurado, que estará composto por:

  • Noel Rodriguez Freire – Presidente da Asociación Educativa LiGNUx
  • David Santo Orcero – Doutor Enxeñeiro en Informática e Enxeñeiro en Organización Industrial.
  • David Hine Gomez – Enxeñeiro en Ciencias da Computación.

Os gañadores, que se publicarán o 21 de novembro serán o resultado da suma dos votos do xurado xunto cos votos dos usuarios.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal