Mancomún

Comezo dun novo obradoiro de iniciación a Linux na Asociación de Empresarias da Coruña

Mércores, 22 Outubro 2008

http://www.mancomun.org/images/banners/rededinamizacion.png Visto na páxina da Rede de Dinamización:

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información en colaboración coa Asociación de Empresarias da Coruña, segue apostando pola formación en software libre e da comezo a un novo obradoiro de iniciación á Informática baseado no sistema operativo Linux.

Este novo obradoiro de iniciación que da comezo, forma parte da oferta formativa actual e do vindeiro mes que se completa cun total de 14 obradoiros das seguintes temáticas:

  • Ferramentas de Google
  • Manexo do rato e do teclado
  • Manexo do escáner
  • Iniciación á Internet
  • Edición e retoque de imaxes co GIMP
  • Viaxes por Internet
  • Exercitar a memoria por Internet

Estes obradoiros son de balde e destinados a toda a poboación interesada,  teñen horario de mañá e unha ampla oferta de tarde…

Máis información na fonte orixinal da nova:
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal