
O 11º Obradoiro OpenFOAM (OFW11), encontro internacional que achega a Portugal a 300 expertos para falar sobre solucións de código aberto, comezou hoxe e prolongarase ata o próxima xoves, día 30 de xuño, no Centro Cultural Vila flor, en Guimarães.
Son máis de 130 conferencias, 32 cursos e 170 institucións representadas. No OFW11 están varios investigadores, académicos, empresarios e programadores de 30 países, como Alemaña, España, Francia, Italia, Austria, Croacia, Rusia, Suecia, Brasil, Reino Unido, República de Corea, Xapón, China, entre outros.
O obxectivo é debater e analizar as vantaxes derivadas da utilización de software de código aberto para os distintos sectores industriais, coma o Automóbil, Naval, Química, Polímeros, Enerxías Renovables, pero tamén nas áreas de Facenda, Economía, Medicina, entre outras.

As solucións de código aberto permiten, pola súa natureza universal e de desenvolvemento tecnolóxico constante, reducir custos e aumentar a eficiencia das empresas, por exemplo no desenvolvemento de novos produtos e en probas de laboratorio. O software de modelado baseado na tecnoloxía OpenFOAM é unha ferramenta de código aberto que integra unha biblioteca de códigos para simular fenómenos de acústica, transferencia de calor, turbulencia, desaugadoiro, aerodinámica, reaccións químicas, electromagnetismo, entre moitos outros.
As inscricións para o OFW11, como xa adiantaramos dende Mancomún a principios de mes, aínda se poden facer en www.openfoamworkshop.org. O evento transcorre ata o 30 de xuño, no Centro Cultural Vila Flor, baixo organización do IPC/i3N-Institute of Polymers and Composites da Universidade de Minho.
