Mancomún

Como aplicar os principios do software libre ás decisións empresariais

Venres, 3 Xuño 2016

Portada do Open Decision Framework de Red HatRed Hat publicou onte, a versión de comunidade do seu documento interno “Open Decision Framework” ou marco para a toma de decisións aberta con licenza libre.

Segundo as palabras de Rebecca Fernandez, a mantedora oficial deste documento, trátase dunha ferramenta de traballo que veñen desenvolvendo e probando internamente en Red Hat nos últimos anos. O documento recolle unha colección de boas prácticas para aplicar os principios do software libre aos proxectos empresariais e á toma de decisións. É dicir aplicar os principios de intercambio aberto, participación, prototipado rápido, meritocracia e comunidade á toma de decisións da nosa empresa.

Pola súa experiencia, este marco de traballo supón un conxunto de prácticas probadas que levan a aliñar mellor as decisións empresariais coa estratexia da compañía, obxectivos, cultura, valores e misión. Permite demostrar “O que é bo” nos procesos de toma de decisións e na comunicación. Ofrece unha guía consistente para os equipo e líderes sobre as expectativas culturais en Red Hat cun equilibrio entre a transparencia e a confidencialidade. E finalmente mellora o compromiso coa empresa.

Captura da páxina que explica o que é unha decisión en aberto

A versión 1.0 do documento “Open Decision Framework” está dispoñible en GitHub con licenza Creative Commons CC-BY-SA 4.0, tanto en formato pdf para a súa lectura, como en formato editable .odt

Os seus creadores anímannos a darlle unha lectura e compartir as nosas opinións con eles, a empregalo nas nosas empresas, a compartilo cos nosos xestores de proxectos, líderes de equipo, etc

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal