Mancomún

Como contribuír ao proxecto Gnome: GnomeLove e Gnome Developer Kit

Xoves, 26 Marzo 2009

GnomeLove é unha iniciativa que pretende axudar as persoas que queren comezar a contribuír no proxecto GNOME. Na súa páxina podedes atopar unha colección de ligazóns a recursos útiles para aquela persoa que quere comezar a desenvolver código, probar novas versións, crear documentación, ou simplemente para os entusiastas de GNOME.

Dentro desta páxina podemos atopar multitude de recursos. Hoxe pretendemos falarvos de Gnome Developer Kit, posibelmente unha das mellores ferramentas para probar as versións de desenvolvemento de GNOME.

Gnome Developer Kit pretende crear unha plataforma para probar, desenvolver, documentar e traducir GNOME. Actualmente, neste proxecto podemos atopar unha imaxe dunha máquina virtual (ou unha ISO instalábel) que contén as compilacións diarias da rama de desenvolvemento de GNOME. A máquina virtual contén unha distribución baseada en Foresight Linux.

Desta maneira, podemos probar, como se mostra na seguinte imaxe, a versión de GNOME 2.26 en galego e sen ter que compilar todo o escritorio GNOME. Ademais, estas versións, actualízanse diariamente.

 

http://www.mancomun.org/images/stories/gnome_2.26_small.jpg
Outras maneiras de facilitarnos as probas das últimas versións, son as utilidades GARNOME e Jhbuild aínda que necesitan duns coñecementos técnicos máis avanzados para poder chegar a compilar o escritorio enteiro.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal