Mancomún

Como empregar software libre para organizar un gran congreso

Luns, 16 Febreiro 2009
 O web productivelinux.org recolle nunha entrevista co responsábel de comunicación da organización de ESCALA ata que punto empregan software libre para planificar e executar ESCALA (Expo do Sur de California), un dos maiores encontros que mestura iniciativas empresariais e de contido técnico con máis de 400 participantes.

O interese desta entrevista é escoitar como a organización emprega toda unha batería de software a nivel interno e tamén en todas as relacións necesarias cos participantes e provedores necesarios. Listas de correo, boletín, webs, báners, podcasts, IRC, mensaxería instantánea, vídeo, programas impresos,… e todo feito ademais por voluntarios porque a organización de ESCALA é totalmente allea á profesionalización.

Como computadores de escritorio utilizan as distribucións persois, Kubuntu, Fedora,.. servidores de ficheiros CentOS; para a colaboración sobre documentos empregan OpenOffice no escritorio mentres en liña empregan google docs, entre outras; tamén mediawiki para unha grande parte da documentación; Mailman para as listas de correo de baixo volume de tráfico e poMMo para as listas de alto volume. Para comunicacións: nos aspectos correntes os clientes de correo Thunderbird e Evolution (con Sendmail) en tamén IRC, IM e XMPP/Jabber.
 

Para o servidor empregan Asterisk como software de conferencias telefónicas e caixa de voz. No seguimento de interaccións cos patrocinadores, expositores e vendedores así como para campañas por correo, úsase SugarCRM. O rexistro no encontro manéxase mediante unha solución creada ad hoc que usa Python, Django e MySQL. Pero non todo é éxito neste grupo: os gráficos para os programas de man, que se pretendía facer con Scribus, non foron logrados porque a versión da aplicación que usaron ao principio non era suficientemente robusta; pasado xa certo tempo están avaliando a revisión deste aspecto. No que respecta á contabalidade, empregan WebERP, polo tanto están case totalmente instalados con aplicativos de software libre.

Como nunca se sabe o que os participantes van conectar á rede do encontro a prioridade é que esta sexa tan robusta como sexa posíbel, por iso a rede está configurada para que cada posto (stand) teña a súa propia rede VLAN, o que lles permitiu ofrecer un servizo viábel do 99% na anterior edición de ESCALA.

A nivel persoal e interno empregan simplemente listas de tarefas e o wiki, especialmente para o mantemento da información que non varía dun ano para outro. De cara ao exterior están migrando a información estábel a DRUPAL superando a curva de aprendizaxe correspondente. En concreto, algúns dos módulos máis útiles que se utilizan son CCK (contido do kit de construcción) que é o que permite construir formas informativas, manexar os datos de usuario, presentación, dinámica de control de produción e visualización de contido.

En conxunto a propia organización asume como requisito practicar consigo mesma a aplicación do software libre que é o tema básico que se mostra en ESCALA. De momento só se viron abocados a encontrar mellores resultados en software privado no caso da xestión da maquetación e creación de gráficos.

A entrevista completa en productivelinux.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal