Mancomún

Como facer (moito) diñeiro con software libre

Venres, 28 Novembro 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/moneda_holanda.jpgO Ministerio de Finanzas de Países Baixos organizou un concurso para o deseño dunha moeda conmemorativa co tema ‘Países Baixos e Arquitectura’. A moeda de 5 euros sería de circulación legal. O gañador foi o artista visual e arquitecto Stani Michiels, quen realizou o seu deseño utilizando só software libre.

Segundo pode notarse no seu blogue, Stani Michiels é un fan de Python e ademais autor de SPE, un editor e contorno de desenvolvemento para esa linguaxe de programación e do software de procesamento de imaxes en lote Phatch.

Poderiamos colocar aquí un selo de 100% ‘libre’: Python, SPE editor, bibliotecas PIL e pyCairo, Gimp, Inkscape, Phatch, correndo sobre Ubuntu e Debian.

Desde o 30 de outubro os holandeses xa dispoñen destes froitos do software libre circulando, e segundo conta o autor “gustaríalle ter creado a moeda cunha licenza GPL que tal vez puidera arranxar a crise financeira”

Non só realizou un interesante percorrido conceptual neste proxecto, tamén pode lerse como un paradigmático punto de encontro entre código e deseño, onde o artista (ou deseñador) é quen domina a ferramenta e non á inversa.

A moeda ten na fronte o retrato da Raíña composto por unha trama tipográfica cos nomes de soados arquitectos holandeses seguindo un camiño en espiral. Unha curiosidade é o ordenamento dos nomes, nin alfabético nin cronolóxico, por número de aparicións en internet.

A outra cara da moeda tamén é unha reconstrución, pero do contorno xeográfico de Paíes Baixos, mediante unha transformación desde unha proxección radial a unha lineal, converteu xeografía en ceo e libros en edificios.

Fonte da nova:
http://www.disenolibre.com.ar/minombresbond/como-hacer-mucho-dinero-con-software-libre

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal