Firebug é un complemento de Firefox que axuda os desenvolvedores e deseñadores web a traballar co código do frontal dos seus sitios web. Este engadido fornece múltiples funcionalidades como unha consola para buscar información, un inspector DOM, información detallada sobre elementos da páxina, e moito máis.
Aínda que Firebug vén compilado con todas estas funcionalidades, existen outros complementos que incrementan, aínda máis, a súa potencialidade. Neste artigo descríbense brevemente as características de dez ferramentas que facilitarán, da man do Firebug, o labor de calquera desenvolvedor ou deseñador.
- Perfect Pixel
Perfect Pixel permite a superposición de capas web e outras composicións de deseño nunha páxina web para poder, dun xeito sinxelo e preciso, escribir o código CSS e HTML. Ao permitir esta previsualización, os deseñadores e desenvolvedores web poden ter con este complemento unha guía visual coa que precisar exactamente a posición e as dimensións de cada un dos elementos que comporán a páxina web. O seu funcionamento pode ser entendido rapidamente co vídeo demostrativo de Perfect Pixel en acción.
![]()
- Page Speed
Este complemento avalía o rendemento da páxina web, dando aos desenvolvedores suxestións sobre as optimizacións de rendemento que se poden levar a cabo no frontal dunha web. As probas e as análises que realiza baséanse no Manual de boas prácticas en proxectos web elaborado por Steve Sounder.

Instalar o complemento Page Speed
- CodeBurner
CodeBurner, publicado por SitePoint, incorpórase ao Firebug para ofrecer referencias sobre o código HTML e o CSS. O complemento tamén presenta información contextual sobre o código que está nese momento nos paneis CSS e HTML do Firebug. As referencias resultan de grande utilidade, posto que amosan información sobre a compatibilidade dos elementos da páxina cos distintos navegadores e o cumprimento das recomendacións W3C, entre outros moitos tipos de información.

- FireRainbow
É unha extensión moi simple de Firebug, pero que cumpre cunha función moi útil, dotar de diferentes cores a sintaxe do código. FireRainbow colorea JavaScript, CSS e HTML co propósito de mellorar a lexibilidade do código obxecto de revisión en Firebug. Na actualidade hai máis de 20 diferentes modelos FireRainbow para escoller, algúns deles con opcións de personalización.

-
Inline Code Finder
Inline Code Finder é moi útil para recoñecer os distintos elementos JavaScript e CSS dunha páxina, resultando perfecto para desenvolvedores que teñen que reconstruír proxectos xa existentes, posto que este achégalles a posibilidade de separar a estrutura (HTML) do estilo (CSS) e as funcións (JavaScript). O seu uso é moi sinxelo: analiza en toda a páxina web o código existente e ofrece información contextual sobre este. A nova versión permite filtrar certos grupos de código en liña.

- Firecookie
O desenvolvemento de aplicativos web que empreguen cookies pode requirir moito tempo de traballo. Firecookie, ofrece unha serie de opcións e funcións estritamente para traballar coas cookies. A extensión permite ver, inspeccionar, exportar e xestionar as cookies, rexistrar eventos "cookie" (creación, supresión, etc), e moito máis. A súa última versión engade varias melloras como a posibilidade de listar só as cookies referidas a un subdominio.

- FirebugCodeCoverage
FirebugCodeCoverage é un complemento de avaliación comparativa inspirado en Selenium IDE que determina a porcentaxe de código que está sendo executado polo tempo de duración -coñecido como cobertura de código. Isto é tipicamente medido en probas automatizadas para estabelecer como deben funcionan os casos de análise a través do código do usuario.

- SenSEO
SenSEO é un complemento de Firebug que analiza a páxina web e indica ata que punto está funcionando adecuadamente o seu motor de busca. Isto é, controla a correcta utilización de metaetiquetas, a presenza de títulos, encabezados e outros criterios pertinentes para a optimización do motor de busca.

- Yahoo! YSlow
Yslow avalía a páxina web co propósito de achegar melloras na súa execución e suxerir novas propostas. Yslow está baseado nas Mellores Prácticas para incrementar a velocidade na túa web de YDN, segundo as que se estabelecen distintos graos para a web entre os tres predefinidos . Ademais, ten unha chea de características útiles como a visualización de información e estatísticas sobre os compoñentes dunha páxina web, optimización e integración de ferramentas como JSLint e Smush.it.

- Firefinder
Firefinder ten como obxectivo permitir atopar rapidamente elementos da web que están relacionados co CSS ou ben selectores Xpath introducidos como criterios de busca. Firefinder é ideal para probar elementos da páxina que se ven afectados polas normas de estilo do CSS, así como para destacar e atopar elementos que están relacionados coa busca.

Fonte: Sixrevisions
