Mancomún

CompostelaWireless organiza unha "install party" en Conxo

Mércores, 25 Abril 2007

http://www.mancomun.org/images/stories/compostela_wireless.jpg CompostelaWireless organiza unha “install party” en Conxo na que os que desexen instalar GNU/Linux nos seus computadores, aprender a instalalo ou simplemente coñecelo, pódense achegar polo Centro Sociocultural de Conxo o 3 de maio sobre as 19:00.

Os que queiran levar o GNU/Linux instalado no computador chega con que leven a [[CPU]]. Se podedes facer unha copia de seguridade dos datos antes de vir, aforrarase tempo, se non farase no propio sitio.

Instalarase GNU/Linux Ubuntu Feisty Fawn, a última versión dunha das distribucións máis prometedoras. Aos que teñades preferencia por outras distribucións de GNU/Linux, tamén vos poden botar unha man coa instalación.

Para os que non saibades onde está o Centro Sociocultural, aquí tedes un mapa coa situación.

[Evento engadido á “Axenda de Eventos“]

Visto na web de CompostelaWireless.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal