Mancomún

Concrete5, xestor de contidos enfocado na usabilidade e facilidade de uso

Mércores, 11 Marzo 2009

http://www.mancomun.org/images/stories/concrete5.jpgConcrete5 é un xestor de contidos (CMS) de recente creación, construído baixo a linguaxe de programación PHP e con licenza MIT e que pretende ser útil a aqueles que non dispoñen de grandes coñecementos técnicos.

Aínda non dispón de todas as características que teñen outros CMS xa máis consolidados como [[Drupal]] ou [[Joomla]], pero actualmente podemos atopar en Concrete5 un CMS que nos permite de xeito moi sinxelo crear unha web rapidamente sen renunciar á posibilidade de instalación de diversos modelos gráficos para a mesma, formularios de alta, buscador, comentarios, inclusión de vídeos, galerías de fotos, etc… Todos estes elementos se poden configurar desde o seu panel de administración con estilo “dashboard”.

Pódese acceder a unha versión demo de Concrete5 na seguinte ligazón:
http://demo.concrete5.org/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal