Mancomún

Concurso de extensións para Firefox 3

Martes, 8 Abril 2008
MozillaMozilla Lab anunciou o concurso “Extend Firefox 3”, onde se reta aos programadores a desenvolver unha extensión para a versión 3 do navegador, se é posible, facendo uso das novidades que esta versión achega. Poden verse as regras do concurso na páxina anterior, pero por resumir: hai dúas categorías, mellor extensión orixinal, e mellor extensión actualizada (para premiar aos desenvolvedores de novas extensións e a aqueles que se preocupen de actualizar extensións xa existentes). Os premios son importantes en ambas as categorías:

Viaxe ao Mozilla Developer Day 2008 (dende a rexión que o campión queira) (valor aprox. en dólares: $1,750), un Apple MacBook Air computer ($3,000), VMware Fusion (ARV: $200), ActiveState Komodo IDE 4 con T-Shirt e cunca ($350), e unha bolsa para o portátil con logos, adhesivos, camisetas e libros de Firefox ($300). Total, uns $5,600 en premios para os 3 primeiros clasificados.

 

Os seguintes 6 clasificados recibirán: ActiveState Komodo IDE 4 con camiseta e cunca ( $350), e a bolsa Firefox para o portátil ($300), facendo un premio total duns $650.

Datas: o concurso comezou o 17 de Marzo de 2008 e finalizará o 4 de Xullo de 2008.

Fonte: Diariolinux.com  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal