Mancomún

Concurso de fondos de escritorio para Gnome 2.24

Martes, 6 Maio 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/gnome.pngPara a próxima versión estable de Gnome, a 2.24, estase organizando un concurso para escoller os fondos de escritorio que irán por defecto nesta nova versión.

As condicións para participar no concurso son as seguintes:

  •  Pódense enviar tantos fondos de escritorio como se queira. Suxírese que si se mandan distintas resolucións da mesma imaxe, se manden comprimidas nun zip/tar.
  • Poñer un único nome aos teus ficheiros, da seguinte maneira: fondo-1920×1200.png, fondo-1280×1024.jpg e así…
  • O nome e enderezo de correo deberán ser “válidos” xa que se usarán como método de identificación.
  • Todos os fondos deberán ter licenza GPL.
  • O tamaño da imaxe non deberá superar os 2 MB.
  • Poderán usarse calquera tipo de imaxe, 3D, vectorial,fotos ou mapas de píxels.
  • Resolución mínima de 1280×1024, mais prefírese 1920×1200.

  • Extensións aceptadas: jpg jpeg png svg svgz (tar.)bz2 (tar.)gz zip
Na páxina do concurso pódese ver a guía que determina a calidade dunha imaxe como fondo de escritorio. Esta guía está sacada da seguinte ligazón: http://designinginterfaces.com/Deep_Background.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal