Mancomún

Concurso europeo para promover a reutilización de software nas administracións públicas

Martes, 12 Xullo 2016

Logotipo da Comisión EuropeaA Comisión Europea premiará a produtos software e servizos que teñan un probado éxito de compartición no sector público e que teñan un potencial de reutilización amplo en Europa.

En palabras de Margarida Abecasis encargada do programa ISA e da organización do premio "quérese premiar ás solucións de TI que foron desenvolvidas e compartidas polas administracións públicas existentes, para que poidan ser aínda máis reutilizadas en toda Europa".
A Comisión Europea concederá premios de 10.000 e 15.000 euros para os dous proxectos de TI que acaden a máis alta valoración de reutilización por cada un dos catro niveis da administración pública europea: transfronteirizo, nacional, rexional e local.

Os interesados para participar neste concurso poden rexistrar o seu proxecto na web da comisión europea. O concurso estará aberto ata o 28 de outubro de 2016 e os premios serán anunciados en marzo de 2017.

A Comisión Europea está convencida dos moitos beneficios da reutilización de solucións de TI, e quere alentar ás administracións públicas a xuntarse para ofrecer servizos de TI comúns. Isto iría en prol de reducir o tempo de implantación, da redución os custos e da mellora da interoperabilidade.

Moitas destas solucións de TI reutilizables pode que estean xa rexistradas no Portal Joinup, no que a Comisión Europea mantén unha gran (e ben indexada) colección de solucións de TI reutilizables que foron desenvolvidas polos estados membros e as institucións europeas ao longo destes anos. Así, Margarida Abecasis engade que "este premio vai colocar as mellores destas solucións no foco de atención e esperamos que a contía do premio poida axudar ás administracións públicas vencedoras para ampliar o alcance destas".

O concurso será só para solucións desenvolvidas por ou para as administracións públicas. No caso das solución desenvolvidas por unha entidade privada, en nome dunha Administración pública, o premio iría para as administracións públicas implicadas. O xurado incluirá membros do equipo de traballo do Consello Europeo, Comisión Europea e o Parlamento Europeo. Detalles do concurso pódense atopar na web do premio.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal