Mancomún

Concurso internacional “Wiki Science Competition”

Mércores, 4 Decembro 2019

Entre o 1 e o 20 de decembro Wikimedia Commons celebra a Wiki Science Competition, concurso internacional para mellorar os contidos fotográficos e audiovisuais sobre ciencia no repositorio de imaxes e vídeos libre de Wikimedia e que serve para ilustrar Wikipedia, entre outros usos.

Trátase de compartir fotografías que ilustren as ciencias ou a comunidade científica baixo unha licenza Creative Commons.

Categorías:
Persoas na ciencia – Imaxes de persoas desenvolvendo proxectos científicos ou nos seus postos de traballo.
Fotomicrografía – Imaxes de microscopios ópticos, electrónicos e escáneres.
Vídeos e animacións – Arquivos de vídeo e audio, imaxes e animacións relacionadas coa ciencia.
Conxuntos de imaxes – Imaxes enlazadas que se poden apreciar como unha soa.
Categoría xeral – Todas as demais imaxes relacionadas coas ciencias.

Para participar só necesitas unha conta en Wikimedia, seguir as regras que se poden atopar na páxina do concurso e subir as imaxes para partir do 1 de decembro.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal