O vindeiro martes 16 de setembro o CDTIC acollerá un novo seminario sobre “Xestión documental con software libre” . Desenvolverase na aula de formación do CDTIC en horario de 16.00 a 20.00 horas.
A través deste seminario, de carácter eminente práctico, os asistentes coñecerán da man de expertos en Alfresco, que é a xestión documental e os seus beneficios e vantaxes para a empresa, cales son os criterios de selección dun sistema de xestión documental e dun provedor e cales son as diferentes alternativas de xestión documental que existen en software libre. O seminario correrá a cargo da consultora Queres Tecnologías, empresa que proporciona servizos de consultoría e integración de sistemas e especializada en solucións de xestión de contido empresarial.
Os interesados en asistir a este seminario deben inscribirse a través do espazo de usuario do portal do CDTIC.
O programa será o seguinte:
- Que é a xestión documental? Que achega á miña empresa?
- Demo: Alfresco Share – colaboración e interface
- Criterios de selección dun DMS e un provedor
- Alternativas de xestión documental en software libre
- Demo: xestión de documentación de expedientes empregados
- Demo: firma de documentación
- Demo: dixitalización intelixente con Ephesoft
- Preguntas e respostas
A xornada está destinada a profesionais autónomos, así como a persoal directivo ou xestor de micro, pequenas e medianas empresas. Os encargados de impartilo serán Víctor Fariña, cofundador de a consultora Queres Tecnologías, con experiencia na optimización de procesos de negocio e especializado en xestión documental con Alfresco, consultoría móbil e consultoría Alfresco; e Isis Edreira, graduada en Enxeñería Informática con experiencia como consultora TIC e como analista programadora.
Este seminario forma parte da oferta formativa en software libre no CDTIC dentro do Plan de Acción en materia de Software Libre 2014.
