Mancomún

Conferencia “As mulleres no software libre”

Mércores, 7 Setembro 2011

A asociación GALPon ademais das conferencias de César Mauri sobre eViacam e Sitplus, dúas ferramentas dirixidas a facilitar o uso das TIC a xente con discapacidade, organiza para o mércores 19 de outubro de 2011, unha nova conferencia, desta volta sobre a implicación das mulleres na tecnoloxía e máis concretamente no eido do Software Libre. Esta conferencia está dirixida a toda a sociedade en xeral, con especial interese para as mulleres e nomeadamente as profesionais e estudantes de enxeñerías relativas ás TIC.

A conferencia leva por título “As mulleres no software libre” e será impartida por Miriam Ruíz, enxeñeira española, e desenvolvedora da distribución Debian. Segundo indica ela mesma:

«Estou moi implicada no empaquetamento de xogos, así como no proxecto Debian Women. Tamén estou involucrada na «netesfera» feminista, en grupos como LinuxChix, Ubuntu-Women, WikiChix, ChicasLinux, Indymedia Women ou Systers, pero realmente non fago moitas cousas neles, fundamentalmente porque non teño tempo para estar tan activa en todas partes. De calquera xeito apóioas totalmente.»

É editora de Barrapunto, un dos weblogs máis importantes en español, e realmente unha das mellores fontes de información sobre tecnoloxía e cultura «geek» en español na rede.
Entrada do día 10 de novembro 2010 no seu blogue persoal: http://www.miriamruiz.es:

«Respondo desde mi blog a la entrada de Paco Prieto en su Servilleta sobre la monoparentalidad de las redes informáticas, ya que tengo algunos problemas para escribirlo en un comentario:

La historia de la informática y de las tecnologías de la información está plagada de mujeres muy importantes, comenzando por Ada Lovelace, considerada la primera persona programadora, Grace Murray Hopper, pionera en la concepción y el diseño de los primeros compiladores, pieza clave en la concepción y diseño del lenguaje COBOL, y que participó también en el comité de estandarización de FORTRAN, pasando por Fran Allen, pionera en el campo de la optimización de compiladores, hasta las menos conocidas programadoras del ENIAC. Otra notable ingeniera, en este caso de telecomunicaciones, y además actriz, fue Hedy Lamarr, inventora de, entre otras cosas, el conmutador de frecuencias, elemento imprescindible para la telefonía móvil y la transmisión de datos sin cables. Sirva como indicativo que el día del inventor se celebra el 9 de noviembre en su honor, ya que ésa es la fecha de su cumpleaños.

El caso de las 6 programadoras del ENIAC, y sobre todo el hecho de que su importancia en la historia de los ordenadores haya sido tan silenciada, hasta el punto de que los ingenieros varones Mauchly y Eckert fueron los que pasaron a la historia, no deja de ser llamativo y significativo de una época. Las programadoras del ENIAC desarrollaron las bases de la programación de los ordenadores: crearon la primera biblioteca de rutinas y las primeras aplicaciones de software. En 1997, a pesar de todo el esfuerzo por intentar excluirlas de la historia, fueron incluidas en el Women in Technology International Hall of Fame.

Copiando y pegando, en inglés, lo siento, de un artículo de 1996 sobre las mujeres en el desarrollo de la informática: "Women have been involved in computing since its inception, and though the proportion of women in the field (about 13%) is far less than are to be found in our society, they still have a strong impact on our industry. The column could easily be filled with just the names of the women who have contributed to the field of computing, but most of them are still unknown, overshadowed by the myriad male innovators and often by their husbands"»

(Tradución de GALPon: As mulleres participaron na informática desde os seus inicios, e aínda que a proporción de mulleres no campo (13%) é moito menor do que se atopan na nosa sociedade, aínda teñen un forte impacto na nosa industria. O oco pode encherse doadamente con só os nomes das mulleres que contribuíron no campo da informática, pero a maioría deles aínda se descoñecen, eclipsados polos innumerables innovadores home e moitas veces polos seus cónxuxes).

A conferencia está aberta ao público, é de carácter gratuíto e celebrarase o día 19 de outubro de 2011 ás 15:30 no Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, Lagoas, Marcosende.

Esta actividade forma parte das actividades que a asociación GALPon realiza co financiamento da Xunta de Galicia a través do Convenio de Colaboración das AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia incluído dentro do Plan de Acción FLOSS 2011.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal