A Xunta de Galicia organiza baixo o título "Software Libre na Administración Pública: Experiencias na Generalitat Valenciana" unha conferencia na que se mostrará o impacto dos proxectos gvPontis e gvSIG.
gvPontis é o proxecto global de Migración a Software Aberto da Consellería de Infraestruturas e Transporte da Generalitat Valenciana do que forma parte gvSIG coma ferramenta orientada ao manexo de información xeográfica.
A xornada terá lugar o próximo luns 18 de outubro ás 12:30 no Salón de Actos do Museo Pedagóxico de Galicia en San Lázaro, Santiago de Compostela. A asistencia está aberta ao público ata acadar o aforo máximo.

No relatorio participarán:
- Martín García Hernández, Xefe do Servizo de Organización e Informática da Conselleria d’infraestructures i transport da Generalitat Valenciana.
- Gabriel Carrión Rico, Director do proxecto gvSIG da Conselleria d’infraestructures i transport da Generalitat Valenciana.
- Álvaro Anguix Alfaro. Director xeral da Asociación gvSIG.
Para máis información poñerse en contacto con: secretariadxsp@xunta.es
