Mancomún

Conferencias, talleres e concursos de software libre na Campus Party de Valencia 09

Martes, 28 Xullo 2009

campus partyOnte, 27 de xullo, comezou a Campus Party 2009 de Valencia, un dos maiores encontros de tecnoloxía, ocio e cultura dixital en rede do mundo e que se ven realizando desde o ano 1997.

Hai xa tempo que a filosofía do software libre está presente na Campus Party, ao promover o coñecemento libre con distintas actividades, talleres, etc…

A continuación detallámosvos algunhas das actividades deste ano:

  • Conferencia sobre Arduino
  • Conferencia sobre o sistema operativo EyeOS
  • Taller de prototipos de xoguetes con Arduino
  • Curso de PHP
  • Taller de monitorización de redes e prevención de ataques básicos con Snort

Ademais este ano, vaise levar a cabo a segunda edición do premio "Enjuto de Oro", que consiste en desenvolver un aplicativo para dispositivos móbiles que permita o acceso a contidos da páxina web da RTVE. O código do aplicativo que se desenvolva ten que ser software libre. O premio son 1.000 € máis un teléfono móbil…
Na anterior edición do "Enjuto de Oro", o reto consistía en crear un widget/aplicativo para os xogos olímpicos de Beijing, resultando gañadores Albert Pastor e Rafael Piñeiro cun desenvolvemento sobre Google Earth onde se podían ver as medallas que gañara cada país.

Tedes máis información sobre os talleres e conferencias de software libre na seguinte ligazón:
http://www.campus-party.es/index.php/SoftwareLibre.html

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal