Mancomún

Congreso Software libre e administracións públicas

Xoves, 25 Novembro 2010

Software Libre e Administracións PúblicasOs vindeiros días 1 e 2 de decembro terá lugar en Badajoz a Conferencia Internacional Software Libre e Administracións Públicas co lema “Cara unha Europa máis eficiente”.

A conferencia está promovida polo proxecto europeo OSEPA (Open Source Software Usage by European Public Administrations) e organizada por FUNDECYT (Fundación para el desarrollo de la ciencia y la tecnología en Extremadura).

O interese polo software libre nas administracións públicas responde á flexibilidade que facilita, á independencia tecnolóxica e á optimización de recursos públicos. Todo isto supón maior sustentabilidade no tempo. O uso do software libre é unha tendencia emerxente nas administracións públicas europeas, consolidándose o seu uso debido aos beneficios estratéxicos que supón.
A organización traballar para que o congreso sexa unha referencia no ámbito do software libre e as administracións públicas.

Para asistir á exposición das experiencias internacionais programadas, só é preciso cubrir o formulario habilitado. A inscrición é gratuíta e aberta a calquera, habendo un aforo máximo de 100 persoas.

O programa completo é o seguinte:

Día 1 de decembro

10:00 Apertura:

  • D. Miguel Angel Amutio, Xefe da Área de Planificación e explotación. Dirección Xeral para o impulso da Administración Electrónica. Ministerio da Presidencia (Goberno de España)
  • Dª. Mª Dolores Pallero. Vicepresidenta Primeira e Portavoz da Junta de Extremadura
  • D. Nikos Roussos. En representación de KEDKE, Federación de Municipios e Provincias de Grecia, entidade promotora do proxecto Osepa.
  • D. Luis Millán Vázquez de Miguel, Presidente Executivo de Fundecyt.

10:40 Conferencia Inagural: Extremadura en la Sociedad de la Información.

  • D. Luis Millán Vázquez de Miguel, Presidente Executivo de Fundecyt.

11:50 O sistema da Administración Dixital en Extremadura

  • D. Jaime Gragera Rodríguez, Dtor. Xeral de Administración Electrónica e Avaliación de Políticas Públicas, Junta de Extremadura

12:20 Presentación de experiencias de migración a Software Libre en Administracións Locais

  • D. Jan Verlinden, A experiencia local da cidade de Schoten, Bélgica.
  • D. Rüdiger Czieschla, Ciudad de Freiburg, Alemania
  • D. Ramón Ramón Sánchez, Responsable de Administracións Públicas de Emergya Consultoría
  • Dª. Miriam Ruiz, Fundación CTIC, Principado de Asturias

14:30 Espacio aberto, presentación iniciativas. Consorcio OSEPA

  • "As tecnoloxías de código aberto para aproveitar o potencial do e-goberno: o caso do Proxecto @KEDKE" D. Petros Kavassalis, Profesor Asociado da Universidade do Egeo e Investigador Senior en RACTI
  • "Lista de Solucións baseadas en Software Libre para Administracións Públicas", D. Thomas Uhl, Membro directivo de Lisog, Organización non lucrativa alemá para o desenvolvemento empresarial do Software Libre.

15:30 Transferencia de Tecnoloxía e Cooperación Internacional, D. Antonio Recio, Fundecyt

Día 2 de decembro

10:00 Instrumentos para o desenvolvemento de Software Libre para e por a Administración

  • D. Pablo Gómez, ASOLIF, Federación Española de Empresas de Software Libre,
  • D. Miguel Jaque, CENATIC, Centro Nacional de Referencia para aplicacións TIC baseadas en Software Libre, Centro de Excelencia en Software Libre "José de Espronceda"

11:50 Sesión Maxistral: "Free Software Foundation Europe" e a Administración Pública, D. Karsten Gerloff

12:50 Clausura

  • D. David Carmona, Director Xeral de Fundecyt
  • D. Ramón Díaz Farias, Presidente da Federación de Municipios e Provincias de Extremadura

13:15 Lectura oficial do Manifiesto da Conferencia

Fonte: OSEPA

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal