- Constituída a Fundación para a Internacionalización do Software Libre (FISL), que agrupa a 17 empresas do sector tecnolóxico de Estremadura.
- O obxectivo da Fundación é potenciar entre institucións, empresas e cidadanía o uso de tecnoloxías abertas que permitan a libre circulación de coñecementos e propicien oportunidades de negocio.
A Junta de Extremadura e CENATIC acompañaron onte no acto de firma do protocolo fundacional ás 17 empresas do sector tecnolóxico estremeño integrantes desta nova Fundación. Este acto contou tamén coa participación do delegado de Nocas Tecnoloxías do Concello de Mérida, Julio César Fuster.
A FISL está integrada polas empresas Informaex, BlueTIC, SET, Comparex, Cenfor, Pulso, Grupo G5, Invesmática, Inglobal, Educatec, CartyLabs, Solucionex y Cablex, e conta entre os seus valores fundamentais a colaboración e cooperación entre empresas, o fortalecemento do sector TIC e o aproveitamento das sinerxias entre empresas, institucións e particulares.
Unha Fundación para estender o uso cotián do software libre.
No transcurso do acto, o presidente do padroado da FISL, Servando Saavedra, leu os obxectivos fundacionais da mesma que poderían concretarse en “potenciación e extensión nacional e internacional, en institucións, empresas e entre a cidadanía, do uso cotián das tecnoloxías abertas que permitan a libre circulación do coñecemento, propiciando oportunidades de negocio sustentables ás pequena e medianas empresas que conforman a gran maioría do sector produtivo TIC, non só en Estremadura, senón no resto do mundo”.
Nestes sentido a Fundación ofreceu a súa experiencia a novas empresas para axudar a mellorar o tecido empresarial de Estremadura e potenciar a creación de empresas solventes e competitivas que xeren emprego e negocio en e para a rexión. “A solvencia coa que contan os patronos da FISL baséase nos seus máis de 300 traballadores, así como nas súas capacidades”, comentou Saavedra.
Fonte: CENATIC
Da unión nace o negocio.
Jesús Alonso, director xeral de Ciencia e Tecnoloxía da Junta de Extremadura, mostrábase satisfeito de apoias un proxecto destas características porque é “unha das poucas iniciativas que son cen por cen privadas, que esperamos contribúa a mellorar o tecido empresarial estremeño e a creación de empresas competitivas que xeren negocio na rexión”.
Finalmente, o director xerente de CENATIC, Miguel Jaque, destacou que hai 50 anos ninguén podería pensar na agrupación de empresas para competir no mercado internacional en Estremadura, destacando como moi positivo o posicionamento da rexión e a forma de competir das súas empresas, a través da imaxinación, o coñecemento e a innovación.
