Mancomún

Convocada a 1ª edición das Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source

Xoves, 22 Maio 2008
Visto na páxina de AULUSC :
Logo do éxito e interese que espertou o Obradoiro de Robótica organizado por AULUSC en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia na última edición da Xuventude Galiza Net (XGN08), decidimos levar a cabo unha actividade na que poder fomentar o uso das plataformas libres neste eido: XCARFOS 08

Con esta primeira edición, organizada polos grupos de usuarios de linux de Galicia AULUSC e GLUG, tratarase o uso de ferramentas open source para o control automático, con especial énfase nesta edición no uso de microcontroladores Atmel e a solución de open hardware Arduino. As xornadas están orientadas á construcción de robots baseados no Arduino e á explicación de como aproveitar a potencia dos microcontroladores co uso do PC e de software de control robótico aberto.

  • Datas de PREINSCRIPCIÓN: do 21 ó 27 de maio deste mes
  • Data de INSCRIPCIÓN: do 28 ó 29 de maio
  • Data de CELEBRACIÓN: 17 e 18 de xullo

Máis info en http://xcarfos.aulusc.org.es

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal