Mancomún

Convocados Premios MuyComputer

Martes, 8 Setembro 2009
Total Publishing, a editorial que publica MuyLinux, convocou recentemente os Premios MuyComputer, uns galardóns cos que se quere recoñecer aos produtos, empresas e servizos que destacaron este ano desde o punto de vista da innovación tecnolóxica.

Na sección de software, aínda que entre os candidatos xa propostos predominan os de carácter privativo, tamén aparecen Ubuntu, SUSE Linux, OpenOffice.org… Polo que a participación na votación a prol do software libre pode ser unha boa ocasión para deixar patente no ámbito tecnolóxico a calidade do código aberto. Por outra banda a convocatoria esta aberta a calquera suxestión.

Os usuarios e lectores da web son os que elixirán os gañadores, sendo a suma de votos a que determinará os galardoados. 
Os premios repártense en tres grandes áreas: consumo, profesional e peme; que a súa vez se subdividen en ata quince categorías.

Para promover a participación na votación, a editorial concederá distintos premios aos que participen da enquisa pública.

Fonte: MuyLinux

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal