Mancomún

Convocatoria de asemblea extraordinaria de GPUL

Venres, 17 Outubro 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/logogpul_sin_cuadro.jpg Visto na páxina de GPUL:

GPUL, o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux convoca unha asemblea extraordinaria para o xoves 30 de Outubro.

O lugar da asemblea será a Aula de Graos da Facultade de Informática da Coruña en primeira convocatoria ás 18:30 e segunda ás 19:00.

Orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior
  2. Ratificación se é o caso dos cambios na Xunta Directiva
  3. Asuntos de trámite
  4. Informes da directiva
    • Convenio con Mancomún
    • X Aniversario de GPUL
    • GUADEMY 2009
    • AKADEMY-ES 2008
    • Xornadas de Alumnos noveis
  5. Propostas de actividades para o resto do ano 2008 e 2009
  6. Rogos e preguntas

Fonte:
http://www.gpul.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal