O obxectivo destes premios é a promoción da creación e divulgación de contidos dixitais de calidade na rede, o impulso do coñecemento do Software Libre por parte da comunidade educativa e o recoñecemento e valoración do esforzo do profesorado na adopción das tecnoloxías da información e da comunicación no seu traballo cotián.
Os galardóns outorgaranse en 4 categorías diferentes, sendo unha delas adicada exclusivamente a aplicacións de Software Libre. Concederase un primeiro premio de 6000€, un segundo de 4000€ e un terceiro de 3000€ para esta categoría.
A cantidade total destinada aos premios ascende a 52.000 euros. As outras categorías contempladas na convocatoria son:
- Primeira modalidade: ferramentas de autor.
- Segunda categoría: materiais curriculares para a web e para os encerados dixitais.
- Terceira modalidade: galerías de imaxes e vídeos didácticos.
Poden participar na convocatoria, de xeito individual ou colectivamente, o profesorado de centros non universitarios financiados con fondos públicos. O prazo de presentación comeza o xoves 22 de maio e remata o 15 de setembro.
Para maior información consultar as bases completas no Diario Oficial de Galicia.