O Golfiño, motor de corrección gramatical para o procesador de textos do OpenOffice.org, acaba de recibir diversas correccións para arranxar os problemas detectados coas últimas versións de OpenOffice.org e Java.
Os problemas exactos eran que o Golfiño non funcionaba coa rama 1.6 de Java JRE nin con OpenOffice.org 2.3 ou superior, debido a cambios na versión de Java. A única opción que había até o de agora era seguir usando a versión 2.2 do OpenOffice.org xunto coa versión 1.5.* de Java.
Os novos paquetes de instalación do Golfiño están dispoñibles desde a Forxa de Mancomún no seguinte enderezo:
https://forxa.mancomun.org/projects/golfinho/
Os ficheiros de descarga son os seguintes:
|
README |
|
|
|
Linux |
|
|
|
-DEB |
glfcore_1.1-1_i386.deb |
4,55 MB |
|
-Código fonte de glfcore |
1,41 MB |
|
|
Windows |
|
|
|
-EXE |
6,9 MB |
http://garraf.epsevg.upc.es/freeling/
[NOTA] Golfiño non é compatible coa versión 2.0 de Freeling
Páxina de descargas libdb4.6:
http://www.oracle.com/technology/software/products/berkeley-db/index.html
http://wiki.mancomun.org/images/Arquitectura.pdf
Sobre o Golfiño
O Golfiño foi presentado o 29 de xuño do ano pasado polo conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, xunto coa directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Helena Veiguela, converténdose no primeiro corrector gramatical do estado.
Outros recursos lingüísticos en galego para o OpenOffice.org son o corrector ortográfico dispoñible desde a páxina de Mancomún:
Corrector ortográfico 2.1
Máis información do Golfiño dispoñible no Wiki de Mancomún.
