Mancomún

Corrección de erros no Golfiño, o corrector gramatical para OpenOffice.org

Mércores, 14 Maio 2008

http://wiki.mancomun.org/images/Logo_golfinho.jpg O Golfiño, motor de corrección gramatical para o procesador de textos do OpenOffice.org, acaba de recibir diversas correccións para arranxar os problemas detectados coas últimas versións de OpenOffice.org e Java.

Os problemas exactos eran que o Golfiño non funcionaba coa rama 1.6 de Java JRE nin con OpenOffice.org 2.3 ou superior, debido a cambios na versión de Java. A única opción que había até o de agora era seguir usando a versión 2.2 do OpenOffice.org xunto coa versión 1.5.* de Java.

Os novos paquetes de instalación do Golfiño están dispoñibles desde a Forxa de Mancomún no seguinte enderezo:
https://forxa.mancomun.org/projects/golfinho/

Os ficheiros de descarga son os seguintes:

README

Instrucións de instalación

Linux

-DEB
    glfcore
    libdb4.6
    freeling1.5

glfcore_1.1-1_i386.deb
libdb4.6++-1_i386.deb
freeling_1.5-1_i386.deb

4,55 MB
596 KB
23,81 MB

-Código fonte de glfcore

glfcore-1.2.tar.gz

1,41 MB

Windows

-EXE

golfinho1.1-setup.exe

6,9 MB

Instrucións de instalación premendo en “Ler máis”…

 

Páxina para descargar o código fonte de Freeling:
http://garraf.epsevg.upc.es/freeling/
[NOTA] Golfiño non é compatible coa versión 2.0 de Freeling

Páxina de descargas libdb4.6:
http://www.oracle.com/technology/software/products/berkeley-db/index.html

[NOTA] LibDB é unha librería presente na maioría dos repositorios das distribucións GNU/Linux
 
Documento técnico sobre a arquitectura do Golfiño:
http://wiki.mancomun.org/images/Arquitectura.pdf

Sobre o Golfiño

O Golfiño foi presentado o 29 de xuño do ano pasado polo conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, xunto coa directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Helena Veiguela, converténdose no primeiro corrector gramatical do estado.

Outros recursos lingüísticos en galego para o OpenOffice.org son o corrector ortográfico dispoñible desde a páxina de Mancomún:
Corrector ortográfico 2.1

Máis información do Golfiño dispoñible no Wiki de Mancomún.

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal